Thursday 25 de April de 2024

Últimos días para inscribirse no Carnival Camp 2018


As persoas interesadas poderán apuntarse ata este venres. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos terá lugar os días 12 e 14 de febreiro en horario de mañá

O vindeiro venres, 9 de febreiro, rematará o prazo de inscrición para poder participar no Carnival Camp 2018 convocado polo Concello de Ordes. Unha actividade de conciliación familiar e laboral que coincide coas vacacións escolares do Entroido. En total serán dúas xornadas de conciliación que se desenvolverán os días 12 e 14 de febreiro de 9 a 14 horas, as cales van dirixidas aos nenos e nenas escolarizados con idades entre os 3 e os 12 anos. Obradoiros, festas, xogos, disfraces e moito máis son as actividades previstas.
Para calquera consulta abonda con chamar aos teléfonos 981 697 844 ou 604 002 616. Tamén se pode facer uso do correo electrónico: ordes@escuelacontalento.es. Todas e todos os que queiran participar deberán apuntarse no Departamento de Educación situado no primeiro andar do Concello e alí dar conta dos datos persoais e forma de pagamento, cuxo importe total ascende a 8 euros. Un ano máis a escola Con Talento participa nesta iniciativa.